Buscando na categoría »Comunicación«
→ 20/5/2010
O primeiro encontro, a primeira conversa… sempre é un reto e moi importante nunha relación. E así o vemos en Galicia Acolle. Deste xeito, contamos para que este primeiro contacto vaia sobre rodas, con dúas rapazas que están a realizar as prácticas do TASOC (Técnico Animación Sociocultural). Elas son Estefanía Escobar e María Viqueira. Realizan [...]
→ 15/4/2010
A canle de televisión local de Santiago de Compostela, Correo TV, relizaou o programa "Feijóo responde", no que o Presidente da Xunta, Núñez Feijóo, respondía ás preguntas de varios cidadáns sobre os máis diversos temas.
A estudante da Universidade de Santiago e voluntaria do gabinete de prensa de GALICIA ACOLLE, Lucía Abarrategui Amado, levou unha pregunta.
→ 8/3/2010
Patricia Rey Iglesias, responsable da Área Xurídica, e Antonio Cepeda, presidente de GALICIA ACOLLE, responderon a sendas entrevistas do xornal do Movemento polos Dereitos Civís nas que abordan diversos aspectos relacionados coa actualidade da inmigración e a diversidade cultural.
→ 24/4/2009
O vindeiro luns, a mediadora intercultural Begoña Villaverde será entrevistada polos micrófonos de Radio Voz, para falar da rica experiencia que supón o desenvolvemento do programa de mediación da Obra Social La Caixa, en colaboración con RED ACOGE, Federación de entidades proinmigración entre as que se atopa GALICIA ACOLLE.
→ 10/3/2009
Consulta a reportaxe no diario El País da xornalista Cristina Castro, na que varias persoas e organizacións, entre elas GALICIA ACOLLE, denuncian o anteproxecto de reforma da Lei de Estranxeiría, especialmente no que se refire á posibilidade de sancionar economicamente "a quen promova a permanencia irregular en España dun estranxeiro."
→ 20/1/2009
Tras o anuncio do Goberno da reforma da Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, Galicia Acolle (Red Acoge) informa de que os cambios previstos para esta Lei non favorecen a integración das persoas inmigrantes, senón que poñen máis obstáculos e trabas á inserción destas persoas na nosa sociedade.