Buscando na categoría »Ámbito educativo«
→ 14/4/2010
Representantes das nove organizacións reúnense periodicamente para tratar de previr conflitos. As actuacións comprenden dende coñecer características do alumnado que se vai a incorporar ó instituto, para ver que necesidades poden ter e ás que deba buscar resposta o instituto; á intervención directa con estudantes con ameaza de expulsión polo seu mal comportamento na aula para tratar de evitalo.
→ 21/2/2010
Galicia Acolle continúa o seu Programa de mediación de pares, xa iniciado en 2008, e reforzado durante o ano 2009. Neste curso 2009 - 2010 implementaranse as intervencións.
→ 9/2/2010
GALICIA ACOLLE participou onte, día 8 de febreiro, nunha mesa redonda nas Xornadas “Compartimos unha cidade, compartamos as nosas linguas”, organizadas pola Concellaría de Benestar e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, coa finalidade de afondar na “realidade dos organismos e as persoas que traballan no eido da inmigración”.
→ 15/6/2009
Rematada a primeira fase formativa do programa de Mediación de Pares no Colexio La Salle de Santiago, vén de realizarse a avaliación do mesmo. Segundo as enquisas de satisfacción, os participantes, de 2º e 3º cursos da ESO, valoraron especialmente o aprendido en cada unha das sesións, e a aplicación dos conceptos e as prácticas [...]
→ 30/3/2009
O martes 31 de marzo, ás 18,00 horas, GALICIA ACOLLE presentará no Observatorio para a Convivencia do IES Eduardo Pondal de Santiago o seu Programa de Axudantes Interculturais para a Convivencia, co fin de integralo, se procede, no Plan de Convivencia Escolar do devandito centro.
→ 29/3/2009
O luns 30 e o martes 31 de marzo GALICIA ACOLLE levará a súa actividade educativa ao alumnado do IES de Melide.
Nesta ocasión, se trata dunha sesión na que se traballarán os distintos estereotipos vencellados á diversidade cultural, desde a perspectiva socioafectiva.
O alumnado de distintos grupos da ESO irán participando en turnos consecutivos, monitorizados polas mediadoras interculturais de GALICIA ACOLLE.