Buscando na categoría »Actividades«
→ 12/5/2010
O vindeiro día 3 de xuño, xoves, GALICIA ACOLLE participará por sétimo ano consecutivo no Máster en Xestión da Cooperación Internacional e das ONGs, organizado pola Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela.
Dentro do módulo Tipoloxía do movemento asociativo, GALICIA ACOLLE encargarase do ámbito das migracións internacionais, o contexto español, así como os máis recentes [...]
→ 20/4/2010
A Rede Educativa PEI, constituída en Vigo a partir dunha iniciativa de GALICIA ACOLLE, vén de editar un CD con actividades para realizar nos centros educativos da cidade. Nel ofrécense unha serie de recursos para seren desenvolvidos de maneira autónoma por parte do profesorado e do alumnado.
Pódelo baixar aquí, en galego ou en castelán.
→ 10/11/2009
Esta fin de semana celebramos unha sesión de formación para o voluntariado que comeza a desenvolver as súas actividades este ano. Nela, varios membros da Xunta Directiva de GALICIA ACOLLE explicaron aos asistentes os distintos programas da asociación, así como outros aspectos básicos.
→ 5/11/2009
A mediadora intercultural de GALICIA ACOLLE, Andrea Alonso, participou onte nas "VII Xornadas de sensibilización sobre integración e interculturalidade", organizadas pola Universidade da Coruña.
O título da súa intervención foi "Xestión da diversidade cultural na empresa: unha necesidade na sociedade actual".
→ 2/11/2009
Entre os días 9 a 20 deste mes de novembro, GALICIA ACOLLE desenvolverá en Vigo un Obradoiro básico de orientación laboral, de 18 horas de duración, encadrado no programa "Itinerarios Integrados de Inserción Laboral". Dito programa, de carácter anual, está financiado pola Dirección General de Integración de Inmigrantes (Ministerio de Trabajo e Inmigración).
→ 8/10/2009
O Museo do Pobo Galego, en colaboración con GALICIA ACOLLE, celebrou onte un encontro onde distintas persoas de diversas orixes falaron sobre a experiencia na escola nos seus países de procedencia, dirixido a persoas interesadas en coñecer e falar sobre os diversos sistemas educativos no mundo.
Moderou a charla o presidente de GALICIA ACOLLE, Antonio [...]