Buscando na categoría »Formación«
→ 12/5/2010
O vindeiro día 3 de xuño, xoves, GALICIA ACOLLE participará por sétimo ano consecutivo no Máster en Xestión da Cooperación Internacional e das ONGs, organizado pola Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela.
Dentro do módulo Tipoloxía do movemento asociativo, GALICIA ACOLLE encargarase do ámbito das migracións internacionais, o contexto español, así como os máis recentes [...]
→ 10/11/2009
Esta fin de semana celebramos unha sesión de formación para o voluntariado que comeza a desenvolver as súas actividades este ano. Nela, varios membros da Xunta Directiva de GALICIA ACOLLE explicaron aos asistentes os distintos programas da asociación, así como outros aspectos básicos.
→ 3/10/2009
O pasado día 2 de outubro o Secretario Técnico de GALICIA ACOLLE, Javier Hermida Porto, presentou as actividades e intervencións que está a realizar a nosa entidade, tanto dun xeito xeral como no referido de maneira máis específica á Mediación Social Intercultural, no marco dun curso organizado pola empresa de intervención social Xeneme.
→ 23/9/2009
GALICIA ACOLLE participou onte en Vigo cun relatorio sobre Mediación Intercultural nas Xornadas "Atención Sanitaria ao inmigrante: actitudes e recomendacións prácticas".
Nela Andrea Alonso Duarte, mediadora intercultural de GALICIA ACOLLE, presentou a metodoloxía da mediación, incidiu nas súas ventaxas, e aportou as dificultades máis comúns.
→ 25/4/2009
O pasado día 25 de abril, as mediadoras interculturais Begoña Villaverde e Tania Jácome, do programa Red de Mediación Intercultural La Caixa, co que colabora GALICIA ACOLLE a través de Red Acoge, participaron no curso “O papel da mediación intercultural na intervención social con persoas inmigrantes en Galicia”.
As mediadoras plantexaron, mediante técnicas participativas, [...]
→ 7/3/2009
O vindeiro 28 de marzo terá lugar unha sesión formativa de catro horas e media de duración, dirixida a aquelas persoas que se incorporan este ano ao voluntariado de GALICIA ACOLLE.