Buscando no mes »Setembro, 2008«
→ 15/9/2008
O pasado martes, 9 de setembro, o Concello de Vigo presentou o futuro Consello Sectorial de Migracións nunha reunión na que estaban convocadas as organizacións de inmigrantes e as entidades sen ánimo de lucro que traballan con poboación de orixe estranxeira - entre as que se atopa GALICIA ACOLLE -, así coma outros actores sociais.
→ 15/9/2008
Galicia Acolle ven de intervir no curso dirixido pola profesora Carmen Verde, da Universidade de Vigo, que baixo o título "Educadores con Inmigrantes", ten como obxectivo a capacitación de profesionais especializados no ámbito da educación con poboación de orixe estranxeira.