Buscando no mes »Xaneiro, 2009«

Constitúese a Comisión de Barrio Conxo-Milladoiro →  30/1/2009

  No día de onte comezou a súa andaina a Comisión de Barrio de Conxo-Milladoiro. Á reunión de constitución asistiron a Concelleira de Benestar Social do Concello de Santiago, persoal dos Servizos Sociais de Santiago e Ames, persoal dos centros educativos de ámbolos dous Concellos, así como representantes de ONGs e asociacións, entre elas a Fundación [...]

→  30/1/2009

Como complemento ás actividades de busca de emprego para persoas de orixe estranxeira, GALICIA ACOLLE organiza, para o vindeiro día 5 de febreiro, un TALLER DE ORIENTACIÓN LABORAL. A idea xeral que pretende esta sesión é facilitar a inserción laboral das persoas de orixe estranxeira a través dun taller formativo orientado a mellorar as capacidades e habilidades das persoas en canto a busca de emprego.

Reforzo escolar para estudantes de familias de orixe estranxeira →  28/1/2009

GALICIA ACOLLE ven de desenvolver un programa de reforzo escolar dirixido aos e ás estudantes de familias de orixe estranxeir co fin de atender a forte demanda que está a xurdir.

Galicia Acolle lamenta o retroceso en dereitos humanos que pode supoñer a reforma da Lei de Estranxeiría →  20/1/2009

Tras o anuncio do Goberno da reforma da Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, Galicia Acolle (Red Acoge) informa de que os cambios previstos para esta Lei non favorecen a integración das persoas inmigrantes, senón que poñen máis obstáculos e trabas á inserción destas persoas na nosa sociedade.

GALICIA ACOLLE intervén no Curso de Formación en Mediación Intercultural, organizado polo Consorcio das Mariñas →  17/1/2009

Tres mediadoras interculturais de GALICIA ACOLLE (Begoña Villaverde, Tania Jácome e Andrea Alonso) formarán parte do grupo de relatores do Curso de Formación en Mediación Intercultural, organizado polo CONSORCIO AS MARIÑAS (no que se integran os concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada), o día 9 de febreiro, na vila de Betanzos.