Buscando no mes »Marzo, 2009«

Presentamos o proxecto de Mediadores Interculturais de Pares no Observatorio para a Convivencia do IES Eduardo Pondal →  30/3/2009

O martes 31 de marzo, ás 18,00 horas, GALICIA ACOLLE presentará no Observatorio para a Convivencia do IES Eduardo Pondal de Santiago o seu Programa de Axudantes Interculturais para a Convivencia, co fin de integralo, se procede, no Plan de Convivencia Escolar do devandito centro.

Esta semana estamos no IES de Melide “Traballando estereotipos” →  29/3/2009

O luns 30 e o martes 31 de marzo GALICIA ACOLLE levará a súa actividade educativa ao alumnado do IES de Melide. Nesta ocasión, se trata dunha sesión na que se traballarán os distintos estereotipos vencellados á diversidade cultural, desde a perspectiva socioafectiva. O alumnado de distintos grupos da ESO irán participando en turnos consecutivos, monitorizados polas mediadoras interculturais de GALICIA ACOLLE.

Páxina recomendada: Educarueca →  14/3/2009

De cando en vez recomendamos algunha páxina polo seu contido aproveitable para a práctica docente. Neste caso, trátase de Educarueca, unha serie de actividades desenvolvidas desde o chamado enfoque socioafectivo.

“No nos van a acobardar”. Reportaxe de Cristina Castro, xornalista de El País, sobre o anteproxecto de reforma da Lei de Estranxeiría →  10/3/2009

Consulta a reportaxe no diario El País da xornalista Cristina Castro, na que varias persoas e organizacións, entre elas GALICIA ACOLLE, denuncian o anteproxecto de reforma da Lei de Estranxeiría, especialmente no que se refire á posibilidade de sancionar economicamente "a quen promova a permanencia irregular en España dun estranxeiro."

→  9/3/2009

O vindeiro sábado 14 de marzo, ás 17:00 hs., os membros de GALICIA ACOLLE Queca Carballo, Antonio Cepeda e Begoña Villaverde, presentarán a medio milleiro de docentes as propostas que a nosa entidade ten no ámbito educativo. A presentación realizarase no contexto das "Xornadas sobre escolarización do alumnado inmigrante", organizadas pola Consellería de Educación, e que se celebrarán os días 13 e 14 no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago.

Xornada de formación do voluntariado de GALICIA ACOLLE →  7/3/2009

O vindeiro 28 de marzo terá lugar unha sesión formativa de catro horas e media de duración, dirixida a aquelas persoas que se incorporan este ano ao voluntariado de GALICIA ACOLLE.