Entrevistas no xornal “En Movemento”

8/3/2010 @ admin


Entrevistas no xornal “En Movemento”

O Movemento polos Dereitos Civís vén de publicar dúas entrevistas no seu xornal “En movemento”, nas que membros de GALICIA ACOLLE abordan diversos aspectos relacionados coa actualidade da inmigración e a diversidade cultural.

Na primeira delas, a responsable da Área Xurídica da entidade, Patricia Rey Iglesias, realiza un repaso da recente reforma da Lei de Estranxeiría, que supón unha clara involución no desenvolvemento dos dereitos das persoas de orixe estranxeira.

Na segunda entrevista Antonio Cepeda,  Presidente de GALICIA ACOLLE, responde ás preguntas plantexadas en relación á asociación e as condicións que afectan ao desenvolvemento das súas intervencións.

Podes ler a segunda entrevista na páxina web do MpDC.

Etiquetas: