Galicia Acolle participa en rede na mellora da convivencia no IES Xelmírez II de Santiago

14/4/2010 @ admin


Galicia Acolle participa en rede na mellora da convivencia no IES Xelmírez II de Santiago

Nove entidades e institucións unen os seus esforzos para acadar un mellor clima de convivencia no IES Xelmírez II de Santiago de Compostela. A iniciativa púxose en marcha este curso e os seus resultados son positivos, segundo valoran Felicia Estévez e Aurora Pérez, profesora e orientadora do centro; e Rosa Álvarez, psicóloga do Plan Sociocomunitario de Vite. No proxecto colaboran docentes e a orientadora do instituto; a traballadora social do centro de saúde de Vite; a orientadora do Colexio de Infantil e Primaria de Vite; persoal de Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela, da Unidade municipal de atención a drogodependentes (UMAD) e da Unidade municipal de atención familiar, o Plan sociocomunitario de Vite, a Fundación Secretariado Xitano e a entidade de apoio á poboación inmigrante GALICIA ACOLLE.

Representantes das nove organizacións reúnense periodicamente para tratar de previr conflitos. As actuacións comprenden dende coñecer características do alumnado que se vai a incorporar ó instituto, para ver que necesidades poden ter e ás que deba buscar resposta o instituto; á intervención directa con estudantes con ameaza de expulsión polo seu mal comportamento na aula para tratar de evitalo.

Le o resto do artigo en La Voz de Galicia.