Unha voluntaria de Galicia Acolle pregunta a Núñez Feijóo

15/4/2010 @ admin


Unha voluntaria de Galicia Acolle pregunta a Núñez Feijóo

A canle de televisión local de Santiago de Compostela, Correo TV, realizou o programa “Feijóo responde”, no que o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, respondía ás preguntas de 32 cidadáns diversos temas.

A estudante da Universidade de Santiago e voluntaria do gabinete de prensa de GALICIA ACOLLE, Lucía Abarrategui Amado, realizou unha pregunta que finalmente non puido ser respondida polo presidente por falta de tempo.

[...] a semana pasada a Secretaría Xeral de Emigración fixo público que os fondos destinados polo Goberno central ían ser recortados en máis dun 6%. A miña pregunta é: Por unha banda, que vai facer o seu goberno en materia de política inmigratoria? e por outra banda, e máis importante, que é o que se vai reducir?

Esperamos que o presidente poida responder esta e outras preguntas en vindeiros programas.

Podedes ver o programa enteiro e o resto de preguntas aquí.

Etiquetas: