Quen somos?

GALICIA ACOLLE é unha entidade sen ánimo de lucro, integrada na RED ACOGE, que traballa pola integración e a interculturalidade en contextos de inmigración, entendidas como a interacción entre persoas de orixe estranxeira (POE) e autóctonas, no desenvolvemento dun proxecto común de sociedade.

Creada no 2003, temos sede na cidade de Santiago de Compostela. Sen embargo, levamos a cabo as nosas actividades en toda Galicia.

Somos, ademais, unha das tres entidades de apoio á inmigración que formamos parte do Consello Galego de Inmigración, desde a súa constitución.

Page last updated on 4 Xullo, 2010 at 8:28 p.m.