Voluntariado

A nosa persoa voluntaria:

- Adica o seu tempo e esforzo á consecución dunha mellora da situación da persoa de orixe estranxeira.

- É alguén que favorece a integración e promove a interculturalidade.

- Crea ou amplía as redes de intercambio con xente procedente de orixes diversas, coa finalidade de que todos poidamos enriquecer as nosas vidas coa diversidade.

- Quere pertencer a un grupo e, xa que logo, valora o traballo en equipo e o asume como unha metodoloxía da que no pode prescindir.

- Usa e desenvolve a súa propia iniciativa, pero sabe pedir axuda cando a require.

- Debe ser acolledora. Este aspecto considérase imprescindible se a persoa voluntaria vai manter un contacto directo coas persoas que acceden aos nosos servizos.

- Promove os valores e fins de Galicia Acolle.

- Ten empatía: sente e sabe como poñerse no lugar do/a outro/a, para así comprender o seu comportamento e motivacións, e percibir as súas necesidades.

- Non pon condicións. Aínda non estando de acordo, sabe escoitar con respecto e manifesta confianza á persoa coa que se relaciona.

- Posúe unha autoestima positiva.

- Comunícase axeitadamente sen estereotipos, prexuízos, con fluidez e sen ambigüedade. Esfórzase en entender tanto a linguaxe verbal como o non verbal. A comunicación é horizontal, de igual a igual.

- É paciente.

- Actúa gratuitamente e non espera nada a cambio. Non admite como motivación o seu propio benestar, porque só lle interese recibir recoñecemento persoal ou beneficios resultantes da súa acción.

- Sitúase criticamente ante a realidade. Leva a cabo a súa denuncia pacifica e construtivamente.

- Quere aprender e formarse, porque entende que o seu desenvolvemento persoal como voluntaria/o non remata nunca.

- Ve a inmigración na súa complexidade, e á persoa de orixe estranxeira como alguén que ten os mesmos dereitos e deberes.

- É unha persoa aberta.

- É flexible na súa labor e coa súa labor.


Se te sintes identificado/a con este perfil, e queres participar, ponte en contacto a través de calquera das canles que che propoñemos na sección contactar.

Page last updated on 19 Abril, 2010 at 1:52 a.m.