Mediación Comunitaria Intercultural
No ano 2006 a Obra Social Fundación La Caixa iniciou o programa Red de Mediación Intercultural La Caixa, que foi executado a nivel estatal por varias organizacións con experiencia na xestión da diversidade cultural, entra elas Red Acoge.
GALICIA ACOLLE, como entidade federada na mesma, foi a encargada en Galicia de dotar ao programa da infraestrutura necesaria para desenvolvelo.
Como resultado, e produto desta experiencia, GALICIA ACOLLE creou o seu propio Programa de Mediación Comunitaria Intercultural.
Aínda que non se desbota a intervención, o eixo do Programa baséase na prevención, dándolle unha especial relevancia á formación de axentes naturais ou profesionais dos diversos ámbitos, e á transversalidade da mediación nas distintas actividades e intervencións da nosa organización.
