Educación
- Programa de Mediación de Pares: O obxectivo deste programa é facilitar ferramentas ao alumnado da mesma idade para a xestión da diversidade cultural entre dúas persoas ou pequenos grupos, así como tamén fomentar cambios que impliquen a mellora da autoestima, habilidades para escoitar e pensar criticamente e a creación dun clima escolar de convivencia e promoción da interculturalidade.
– Programa de Educación Intercultural (PEI): Desenvólvese na actualidade na cidade de Vigo. Este proxecto foi financiado polo Ministerio de Educación, pola Deputación de Pontevedra e pola Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo. O obxectivo xeral deste proxecto é favorecer a integración intervindo coa poboación autóctona e a de orixe estranxeira, empregando a educación intercultural desde unha perspectiva participativa.
Respondendo ao obxectivo xeral e aos específicos do proxecto, creouse no ano 2008 unha rede denominada RED PEI formada por diferentes entidades e organizacións de Vigo, favorecendo así a participación activa dos/as beneficiarios/as. E elaborouse un dossier de actividades coa finalidade de se converter nun recurso didáctico complementario para traballar a educación intercultural nos centros educativos de primaria e secundaria, e útil para todos os axentes implicados no proceso educativo.
