Socias/os

Son fundamentais, xa que supoñen a base social da organización. Dan a forza moral e a independencia necesarias para levar adiante os obxectivos da asociación. Estas/es poden ser:

Socias/os de número: pagan unha cota e participan nas actividades da asociación de xeito voluntario. Teñen voz e voto nas Asembleas.

Socias/os colaboradoras/es: participan economicamente. As súas achegas cubren os gastos das actividades, servizos e intervencións que realizamos. Teñen voz nas Asembleas, pero non voto.

- Socias/os de apoio: non fan achegas económicas nin fan accións de voluntariado. Sen embargo, apoian dun xeito testemuñal á asociación, comparten os seus fins e obxectivos, e difunden a labor de Galicia Acolle. Teñen voz nas Asembleas, pero non voto.

Se queres participar en calquera das tres modalidades, fáinolo saber da maneira que che resulte máis cómoda. Para iso, acude á sección Contactar.

Page last updated on 19 Abril, 2010 at 1:47 a.m.