Red Acoge

Galicia Acolle pertence, desde os seus inicios, á RED ACOGE.

De ámbito estatal, nace no ano 1991 co obxectivo de promover os dereitos das persoas inmigrantes en España, e está integrada por 26 entidades de apoio á inmigración que, aínda que independentes, manteñen programas conxuntos.

Os obxectivos de RED ACOGE son: promover e reivindicar os dereitos das persoas inmigrantes, tratando, ao mesmo tempo, de fomentar a capacidade de acollida da sociedade española; ubicar á persoa inmigrante como suxeito activo da súa propia experiencia migratoria e como suxeito protagonista nas propias organizacións; fomentar a calidade na intervención social con persoas inmigrantes, facilitar o papel preponderante do voluntariado nas organizacións que integran a RED, así como impulsar o traballo en rede. Promover e activar a coordinación e o mutuo coñecemento de experiencias, programas e estratexias entre as nosas entidades, de maneira que de dita bagaxe común se beneficie o conxunto da Federación.

Se queres máis información sobre as intervencións de RED ACOGE, ou das entidades que o integran, visita a súa páxina web: http://www.redacoge.org/


Page last updated on 19 Abril, 2010 at 2:06 a.m.