Grupo de Traballo de Mediación Intercultural (Secretaría Xeral de Emigración, Xunta de Galicia)
Dando continuidade ao acordado no transcurso da “Xornada de Traballo sobre o Programa de Mediación Intercultural, Mapa de recursos e Plan de formación 2010” realizada o 17 de marzo de 2010, a Subdirección Xeral de Inmigración e Retorno procedeu a constituír os Equipos de Traballo nas áreas de Mediación Intercultural e Formación, que teñen carácter consultivo non preceptivo.
Como entidade de apoio á inmigración, ex aequo con Mestura e Médicos do Mundo – Galicia, GALICIA ACOLLE é un dos doce membros deste grupo de traballo, con reunións de periodicidade mensual.
