Coordinadora de Traballo en Rede do Barrio de Conxo (Santiago) – Milladoiro (Ames)
Nesta Coordinadora, centros educativos e entidades sociais de Conxo traballan en equipo, a través da Coordinadora de Traballo en Rede Conxo-Milladoiro, para facilitar a comunicación e a formación daquelas persoas implicadas na educación dos mozos e mozas.
A idea xurdiu do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela, e conta co apoio da Concellarías de Educación, Centros Socioculturais e Benestar Social de Santiago de Compostela, e a Concellaría de Cultura de Ames, dada a vinculación de varios centros de Primaria dese concello con dito instituto, do que boa parte do seu alumnado procede de Ames.
GALICIA ACOLLE forma parte dela desde a súa creación en 2009, a raíz da súa intervención no IES Eduardo Pondal cos seus programas Traballando estereotipos e Mediación de Pares: Axudantes Interculturais para a Convivencia, así como co seu servizo de reforzo escolar, no que participa alumnado do mesmo.
