Principios
Somos unha entidade de voluntariado sen ánimo de lucro, apolítica e aconfesional.
O noso obxectivo xeral resúmese nunha palabra chave: A INTEGRACIÓN.
Cremos que dita integración non compete só ás persoas de orixe estranxeira, senón ao conxunto da sociedade. É por iso que as nosas intervencións diríxense tanto á poboación autóctona coma alóctona.

Estamos en pleno proceso de elaboración do noso PLAN ESTRATÉXICO 2010-2013, que esperamos rematar no vindeiro mes de maio. A partir de entón, publicaremos neste espazo a nosa MISIÓN, a nosa VISIÓN, e os nosos VALORES E PRINCIPIOS.
