Comisión para a Prevención e Control do Absentismo Escolar (Concello de Santiago)
Comisión para a Prevención e Control do Absentismo Escolar (PRECONABES) foi creada no curso 2008/2009.
O Programa PRECONABES pretende establecer un proceso mediante o cal se faciliten respostas globalizadas a esta problemática para garantir a continuidade e regularización da escolarización en período obrigatorio a través de tres fases: prevención, detección e intervención.
Esta iniciativa baséase na creación dunha comisión de colaboración interinstitucional entre os centros educativos, asociacións (entre elas, GALICIA ACOLLE) e organismos que inciden na poboación escolar e o Concello de santiago de Compostela. Trátase de crear canles de coordinación, de incrementar o contacto coas familias expostas ao problema, de sensibilizar e de crear un espazo socioeducativo dirixido a alumnos absentistas.
O traballo realízase en varias fases de actuación, con campañas de información sobre a obrigatoriedade do cumprimento do dereito á educación, dirixidas á poboación en xeral, e especificamente aos colectivos en situación de risco social; con programas de acollida nos centros docentes; e con programas complementarios dirixidos a promover a utilización do tempo libre.
