Continúa o Programa de Mediación de Pares de Galicia Acolle →  21/2/2010

Galicia Acolle continúa o seu Programa de mediación de pares, xa iniciado en 2008, e reforzado durante o ano 2009. Neste curso 2009 - 2010 implementaranse as intervencións.

Participamos en Vigo nas Xornadas “Compartimos unha cidade, compartamos as nosas linguas” →  9/2/2010

GALICIA ACOLLE participou onte, día 8 de febreiro, nunha mesa redonda nas Xornadas “Compartimos unha cidade, compartamos as nosas linguas”, organizadas pola Concellaría de Benestar e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, coa finalidade de afondar na “realidade dos organismos e as persoas que traballan no eido da inmigración”.

Formación de voluntariado →  10/11/2009

Esta fin de semana celebramos unha sesión de formación para o voluntariado que comeza a desenvolver as súas actividades este ano. Nela, varios membros da Xunta Directiva de GALICIA ACOLLE explicaron aos asistentes os distintos programas da asociación, así como outros aspectos básicos.

Galicia Acolle imparte formación sobre a mediación intercultural na empresa →  5/11/2009

A mediadora intercultural de GALICIA ACOLLE, Andrea Alonso, participou onte nas "VII Xornadas de sensibilización sobre integración e interculturalidade", organizadas pola Universidade da Coruña. O título da súa intervención foi "Xestión da diversidade cultural na empresa: unha necesidade na sociedade actual".

Obradoiro básico de orientación laboral en Vigo →  2/11/2009

Entre os días 9 a 20 deste mes de novembro, GALICIA ACOLLE desenvolverá en Vigo un Obradoiro básico de orientación laboral, de 18 horas de duración, encadrado no programa "Itinerarios Integrados de Inserción Laboral". Dito programa, de carácter anual, está financiado pola Dirección General de Integración de Inmigrantes (Ministerio de Trabajo e Inmigración).

Café Parola no Museo do Pobo Galego: “A escola no mundo” →  8/10/2009

 O Museo do Pobo Galego, en colaboración con GALICIA ACOLLE, celebrou onte un encontro onde distintas persoas de diversas orixes falaron sobre a experiencia na escola nos seus países de procedencia, dirixido a persoas interesadas en coñecer e falar sobre os diversos sistemas educativos no mundo.   Moderou a charla o presidente de GALICIA ACOLLE, Antonio [...]